A Xunta destaca as oportunidades para o tecido empresarial que abre a nova liña de axudas para rehabilitar vivendas para traballadores no rural | Observatorio de Vivenda

A Xunta destaca as oportunidades para o tecido empresarial que abre a nova liña de axudas para rehabilitar vivendas para traballadores no rural

A Xunta destaca as oportunidades para o tecido empresarial que abre a nova liña de axudas para rehabilitar vivendas para traballadores no rural

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de clausura da Asemblea Xeral da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), onde puxo en valor a nova orde conxunta das consellerías de Emprego e de Vivenda para favorecer a atracción de traballadores mediante a rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes. As axudas, que poden solicitar empresas, persoas físicas ou xurídicas e concellos ata o vindeiro 15 de xullo, parten da consideración da vivenda como un factor clave para atraer e fixar talento cualificado, reforzando a dispoñibilidade de man de obra en sectores estratéxicos como o lácteo ou o agroandeiro.

Fonte.- Xunta de Galicia