A Xunta e o Concello de Ribadavia colaboran nas obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, cuxo investimento total suma 470.000 € | Observatorio de Vivenda

A Xunta e o Concello de Ribadavia colaboran nas obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, cuxo investimento total suma 470.000 €

A Xunta e o Concello de Ribadavia colaboran nas obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, cuxo investimento total suma 470.000 €

A Xunta e o Concello de Ribadavia colaboran nas obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, cuxo investimento total suma  preto de 470.000€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou hoxe co alcalde, César Fernández Gil, o convenio para abordar esta actuación ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, destinado á axudar ás administracións locais a financiar diferentes intervencións urbanísticas e de mellora de equipamentos.

De acordo ao convenio asinado hoxe, o Goberno galego destinará preto de 330.000 euros á execución das obras, un 70% do investimento total, ademais de contratar e realizar as obras. Pola súa banda, o Concello de Ribadavia asumirá o 30% restante do custe das obras, algo máis de 140.000 euros.

En concreto, actuarase no ámbito da rúa principal do lugar da Ventosela, de 1.550 m2, afectando ó camiño principal que atravesa o devandito núcleo do municipio ourensán, ata chegar á estrada nacional N-120. A intervención consistirá na pavimentación desta rúa principal, incluíndo a renovación dos servizos urbanísticos e o soterrado dos tendidos aéreas.

Esta actuación en Ribadavia enmárcanse na continuada colaboración entre a Xunta e as entidades locais a través do Plan Hurbe para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Fonte.- Xunta de Galicia