A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública en réxime de alugamento en Monforte de Lemos | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública en réxime de alugamento en Monforte de Lemos

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública en réxime de alugamento en Monforte de Lemos

A Xunta entregou hoxe en Monforte de Lemos catro vivendas de promoción pública en réxime de alugamento. Dúas están situadas na rúa Val de Lemos e dúas na rúa Ourense.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega das chaves ás persoas adxudicatarias. Explicou que todos son pisos de tres dormitorios, que quedaran libres e pasan a ser ocupados por novas familias.

Arias destacou que o Executivo autonómico aprobou a Estratexia do impulso da vivenda protexida en Galicia, que contempla medidas para duplicar o parque público residencial e garantir o acceso de máis familias. Entre as principais novidades, figura a ampliación do límite máximo de ingresos para acceder a este recurso.

As persoas interesadas en solicitar unha vivenda de promoción pública deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite que pode facerse en liña a través da sede electrónica da Xunta.

Fonte.- Xunta de Galicia