A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública nos municipios de Outeiro de Rei e Xermade | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública nos municipios de Outeiro de Rei e Xermade

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública nos municipios de Outeiro de Rei e Xermade

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe nos actos de entrega en réxime de alugamento de catro vivendas de promoción pública nos municipios de Outeiro de Rei e Xermade. En concreto,  no primeiro concello entregáronse dous pisos de tres dormitorios e un de dous e, no segundo, un piso de tres habitacións. Todos eles contan con garaxe e rocho.

Arias lembrou que a Xunta vén de elevar os límites de ingresos requiridos para poder optar ás vivendas de promoción pública, co obxectivo de ampliar o círculo de posibles beneficiarios. A medida, que xa está en vigor, fixa como tope xeral percibir 4 veces o Iprem, que para familias numerosas ascende a 4,5 e en casos especiais pode chegar a  5,5 veces o Iprem. Ademais, resérvanse vivendas para menores de 36 anos, ou persoas que teñan entre 36 e 45 anos e fillos a cargo.

Neste sentido, o delegado instou a todas as persoas interesadas a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite gratuíto e sinxelo, que se pode facer online, e é indispensable para poder acceder a estas adxudicacións.

Fonte.- Xunta de Galicia