A Xunta entrega en alugueiro catro vivendas de promoción pública en Cervo e unha en Mondoñedo | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega en alugueiro catro vivendas de promoción pública en Cervo e unha en Mondoñedo

A Xunta entrega en alugueiro catro vivendas de promoción pública en Cervo e unha en Mondoñedo

A Xunta de Galicia entregou en réxime de alugamento catro vivendas de promoción pública situadas na rúa Vía Láctea de San Cibrao, no municipio de Cervo. No acto participou o delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, que explicou que as persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Villares sinalou que nos vindeiros días tamén se entregará en alugueiro un piso en Mondoñedo, na rúa Bispo Fernández Castro. Lembrou que o Goberno galego ten en marcha proxectos para sumar outras 11 vivendas públicas nesta localidade, recuperando sete edificios cun investimento global de arredor de 3 millóns de euros.

Así mesmo, indicou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten abertas varias convocatorias de axudas para facilitar o acceso á vivenda, entre elas apoios á adquisición ou o programa de avais.

Fonte.- Xunta de Galicia