A Xunta entrega en réxime de alugueiro tres vivendas de promoción pública en Viveiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega en réxime de alugueiro tres vivendas de promoción pública en Viveiro

A Xunta entrega en réxime de alugueiro tres vivendas de promoción pública en Viveiro

A Xunta de Galicia formalizou hoxe a entrega en réxime de alugueiro de tres vivendas públicas situadas na promoción do Pedregal, en Viveiro; unha delas conta con 75 metros cadrados de superficie e catro dormitorios, ademais de garaxe e rocho, mentres que as outras dispoñen de  61,5 metros cadrados de superficie e tres cuartos.

O Goberno galego traballa para incrementar o parque público de vivenda a través de diferentes vías. Así, nos últimos meses adquiriu en Viveiro unha vivenda que no seu día fora construída polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e adxudicada en réxime de compravenda; pasado o tempo, os adxudicatarios manifestaron o seu interese en vendela e adquiriuna o Instituto ao prezo marcado pola normativa. Mediante esta fórmula, o IGVS mercou 80 pisos en Galicia que estaban en mans de particulares ou da Sareb -41 deles na provincia de Lugo- cun investimento global de 5,2 millóns de euros.

Fonte.- Xunta de Galicia