A Xunta entrega tres novas vivendas públicas en alugueiro accesible trala rehabilitación dun inmoble en Ferrol Vello ao abeiro do programa Rexurbe | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega tres novas vivendas públicas en alugueiro accesible trala rehabilitación dun inmoble en Ferrol Vello ao abeiro do programa Rexurbe

A Xunta entrega tres novas vivendas públicas en alugueiro accesible trala rehabilitación dun inmoble en Ferrol Vello ao abeiro do programa Rexurbe

A Xunta entrega tres novas vivendas públicas en alugueiro accesible trala rehabilitación dun inmoble en Ferrol Vello ao abeiro do programa Rexurbe.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, fixo entrega destes novos fogares a tres persoas menores de 36 anos, que aboarán alugueiros entre 99 e 141 euros mensuais.

O inmoble rehabilitado sitúase na rúa Carme Curuxeiras, no Ferrol Vello, onde a Xunta tamén xa reformou outro edificio para dúas vivendas públicas. Deste xeito, como destacou a conselleira, son 5 os novos fogares acadados nesta contorna e que serán cualificados como vivendas públicas.

Estes fogares, segundo explicou a conselleira, son froito dun “inmoble rehabilitado con excepcional calidade e moito coidado nos detalles”.

Lembrou que o edificio está ubicado na zona de Ferrol Vello, unha contorna que a Xunta está a recuperar a través de distintas actuacións do programa Rexurbe.

Subliñou o dobre obxectivo do programa Rexurbe, que ademais de permitir ofrecer  vivenda accesible, contribúe a recuperar os centros históricos, mellorando a imaxe urbana e favorecendo que máis persoas queiran vivir e traballar nestas áreas.

Ademais o Goberno galego ten en marcha 353 vivendas públicas, a meirande parte no Bertón.

Fonte.- Xunta de Galicia