A Xunta entrega unha nova vivenda protexida rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega unha nova vivenda protexida rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo

A Xunta entrega unha nova vivenda protexida rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo

A Xunta entrega unha nova vivenda protexida rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, fixo hoxe entrega deste novo fogar situado na rúa San Francisco 2, no Berbés.

A vivenda hoxe entregada, xunto con outra, forma parte dun edificio adquirido polo Consorcio Casco Vello de Vigo e posteriormente recuperado. Trátase dun fogar accesible, de calidade, coa máxima integración na contorna e eficiente enerxeticamente.

A conselleira puxo en valor o traballo do Consorcio Casco Vello de Vigo, participado pola Xunta nun 90% e o Concello no restante 10%. Esta entidade leva 20 anos impulsando a recuperación integral desta zona emblemática da cidade olívica. Cómpre lembrar que son xa 93 edificios adquiridos e 79 deles rehabilitados que deron lugar a 140 vivendas e 36 locais.

A Xunta, no marco desta entidade, leva achegado un investimento de 30,5M€ estes anos e en 2025 aproboouse o Plan de Actuación ata 2030 cun investimento autonómico de 7,1M€ para rehabilitar outros 25 inmobles.

Fonte.- Xunta de Galicia