A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en Vilalba

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en Vilalba

A Xunta entregou en réxime de alugamento unha vivenda de promoción pública situada na rúa Manuel Mato Roxeira do Concello de Vilalba. Trátase dun piso de dous dormitorios e 64 metros cadrados do que se poderá beneficiar unha familia nunha situación vulnerable.

No acto de entrega, o delegado aproveitou para lembrar que as persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións poden en calquera momento inscribirse no Rexistro Único de Demandantes que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) dentro das iniciativas deseñadas para que as persoas con escasos recursos teñan acceso a unha vivenda digna.

Fonte | Terra Chá xa