A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no barrio da Tinería, en Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no barrio da Tinería, en Lugo

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no barrio da Tinería, en Lugo

A Consellería de Vivenda e Promoción de Infraestruturas entregou hoxe unha vivenda de promoción pública na rúa Falcón, do barrio da Tinería (Lugo). Conta cunha superficie de 45 metros cadrados e dispón dun dormitorio.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na entrega das chaves ao novo adxudicatario. Lembrou que o Goberno galego está impulsando máis proxectos de rehabilitación de inmobles no casco histórico da cidade para destinalos a alugueiro accesible.

Paralelamente, estase a avanzar nas obras de construción de dous edificios en Garabolos que albergarán 70 e 76 novos fogares, respectivamente; así como na tramitación dos proxectos para promover máis vivendas en diferentes zonas.

Arias lembrou que as persoas que queiran acceder a estes recursos deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que pode facerse dende a sede electrónica da Xunta en calquera momento do ano.

Fonte.- Xunta de Galicia