A Xunta fai entrega de seis vivendas de promoción pública en Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo e Viveiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta fai entrega de seis vivendas de promoción pública en Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo e Viveiro

A Xunta fai entrega de seis vivendas de promoción pública en Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo e Viveiro

A Xunta de Galicia vén de adxudicar en réxime de alugueiro seis vivendas de promoción pública en distintas localidades da Mariña. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de chaves aos adxudicatarios de tres pisos situados en Mondoñedo, Ribadeo e Lourenzá, e sinalou que nos vindeiros días tamén se ocuparán outros tantos en Viveiro.

O delegado explicou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda en calquera momento do ano, e lembrou que o Goberno galego traballa para ampliar o abano de potenciais beneficiarios, co foco posto na xuventude.

Así, vaise elevar o límite máximo de ingresos requiridos e, como novidade, nas vivendas destinadas á venda introdúcese a reserva do 30% para persoas que teñan entre 36 e 45 anos con fillos. Mantense ademais a reserva para menores de 36 anos do 25% das novas vivendas que se constrúan para venda e do 40% para as destinadas a alugueiro.

Fonte.- Xunta de Galicia