A Xunta imparte un curso sobre a xestión do solo residencial no marco dos proxectos de interese autonómico | Observatorio de Vivenda

A Xunta imparte un curso sobre a xestión do solo residencial no marco dos proxectos de interese autonómico

A Xunta imparte un curso sobre a xestión do solo residencial no marco dos proxectos de interese autonómico

Ao longo deste mes de novembro desenvólvese na Escola Galega de Administración Pública o curso A xestión do solo residencial no marco dos Proxectos de interese Autonómico, impartido por membros do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo, así como polos redactores dos sete Proxectos de Interese Autonómico (PIAs) impulsados pola Xunta que xa contan con aprobación inicial.

O curso responde á obxectivo estratéxico de capacitar ao persoal público ante o reto que supón a execución dos Proxectos de Interese Autonómico (PIAs) para a creación de solo residencial, enmarcados na Estratexia Galega de Solo Residencial aprobada pola Xunta de Galicia o 10 de xuño de 2024.

Desde esa data, o IGVS desenvolve estes proxectos en diversas localidades da comunidade autónoma, e na actualidade son xa catorce os PIA que están en marcha. O curso nútrese da experiencia acumulada polos profesionais encargados de impartir as clases durante estes dous anos de traballo e vai dirixido ao persoal ao servizo da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao das súas entidades públicas instrumentais e resto da administración institucional. Dispón de 30 prazas que foron cubertas na súa totalidade por persoal da Xunta de Galicia.

O obxectivo é ofrecer as ferramentas teóricas e prácticas que permitan xestionar estes proxectos de interese autonómico con eficacia e axilidade, coas garantías xurídicas que establece a lei. O curso, cunha duración total de 20 horas, desenvólvese nas tardes de todos os martes e xoves do mes de novembro.

Fonte.- Xunta de Galicia