A Xunta impulsa proxectos de vivenda e infraestructuras en Cortegada e Cenlle

A Xunta impulsa proxectos de vivenda e infraestructuras en Cortegada e Cenlle

O presidente da Xunta reiterou onte o compromiso coa promoción pública de vivendas en Cortegada e Cenlle, municipios que teñen en execución sendos proxectos de construcción de seis vivendas modulares e urbanización da contorna, cun millón de euros de investimento en cada un.

Na súa reunión co alcalde de Cortegada, o titular da Xunta matizou que o Concello pode acceder ás axudas do fondo de cooperación e do programa de rehabilitación de inmobles de titularidade municipal para ampliar o parque local coa reforma de nove viendas sociais para alugueiro.

O proxecto de Cenlle ten un prazo de execución de oito meses e a entrega será no primeiro trimestre de 2021.

Fonte | Faro de Vigo