A Xunta informa ao alcalde de Ribeira das axudas para a promoción de vivendas e mobilización de vivendas para o alugueiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta informa ao alcalde de Ribeira das axudas para a promoción de vivendas e mobilización de vivendas para o alugueiro

A Xunta informa ao alcalde de Ribeira das axudas para a promoción de vivendas e mobilización de vivendas para o alugueiro

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García, informou esta mañá ao alcalde de Ribeira, Luis Antonio Pérez, das diferentes liñas de axudas existentes para a promoción de novas vivendas e a posta a disposición doutras que actualmente se atopan desocupadas.

Na xuntanza, mantida na sede do IGVS, abordáronse as axudas a promotores de vivendas para alugueiro, que teñen actualmente aberto o prazo de solicitudes, así como o programa de mobilización de vivendas para alugueiro, que se executa en colaboración cos concellos interesados e tamén con axentes da propiedade inmobiliaria e xestores inmobiliarios.

Heriberto García mostrou a disposición da Xunta a realizar unha xornada informativa, dirixida aos axentes e xestores inmobiliarios da zona, para explicar polo miúdo este programa, a través do cal a Administración autonómica ofrece aos propietarios de vivendas a seguridade necesaria a través dun seguro de impagos e outro multirrisco do fogar, así como asistencia xurídica, sen ningún tipo de custe para os mesmos.

Fonte.- Xunta de Galicia