A Xunta inicia as obras dun novo inmoble para 41 vivendas en Navia, Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta inicia as obras dun novo inmoble para 41 vivendas en Navia, Vigo

A Xunta inicia as obras dun novo inmoble para 41 vivendas en Navia, Vigo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, anunciou hoxe o inicio das obras dun novo inmoble no barrio vigués de Navia, para 41 vivendas protexidas. O investimento ascende a máis de 8,3M€, dos que un 24,4% son fondos europeos. O edificio atópase no Polígono 1,  e disporá de 20 vivendas de 2 dormitorios, 20 de 3 e 1 de 4 estancias.

A conselleira tamén deu conta da publicación hoxe da licitación do proxecto e dirección de obra, no Perfil do contratante, doutro inmoble máis, para 26 fogares, no Polígono 2 do barrio vigués.

Allegue destacou que Vigo “é unha prioridade para o Goberno Rueda, unha cidade onde a Xunta xa ten nalgún grao de execución un milleiro de vivendas protexidas” e salientou que “así é como responde o Goberno galego ás demandas da veciñanza da cidade olívica”.

Por outra banda, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo en valor os Proxectos de Interese Autonómico para habilitar solo no ámbito Ofimático para 2.300 vivendas e na zona de Ramón Nieto para 1.400, no marco da Estratexia Galego do Solo Residencial.

Fonte.- Xunta de Galicia