A Xunta intenta animar aos concellos a promover o alugueiro de vivendas vacías | Observatorio de Vivenda

A Xunta intenta animar aos concellos a promover o alugueiro de vivendas vacías

A Xunta intenta animar aos concellos a promover o alugueiro de vivendas vacías
A Xunta, modificou novamente o seu programa para fomentar que as vivendas vacías saian ao mercado do alugueiro social, esta vez nas axudas que a Administración autonómica concede aos concellos para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal coa finalidade de destinalas ao alugueiros ás familias con menos recursos.
 
Así, nun intento de mellorar os obxectivos con respecto ás edicións anteriores, agora ábrese o abanico dos concellos potencialmente beneficiarios, de forma que para solicitar estas axudas xa non é necesario estar inscrito no programa de vivendas vacías, senón que o único requisito é ter menos de 20.000 habitantes.
 
O orzamento destinarase a rehabilitar edificios e vivendas de titularidade municipal para darlles un uso residencial e poder alugalas a familias con escasos recursos económicos, con ingresos por debaixo a 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).

 

Fonte | Faro de Vigo