A Xunta licita a construción de 40 novas vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña

A Xunta licita a construción de 40 novas vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña

A Xunta de Galicia licitou hoxe a construción de 40 vivendas de promoción pública (VPP) en terreos localizados no barrio de Xuxán, na cidade da Coruña, cun investimento previsto de máis de 7,7 millóns de euros. A nova promoción, que será a segunda de vivendas de promoción pública que a Xunta constrúe nesta contorna, emprazarase nunha parcela cunha superficie de 1.280 metros cadrados.

O inmoble disporá de 40 VPP, distribuídas en 5 plantas, das que 30 terán 3 dormitorios - 2 estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida-, 5 con 4 estancias, e outras 5 de 2 dormitorios. A superficie das vivendas de 2 dormitorios oscila entre os 66 e os 68 metros cadrados de superficie útil, mentres que as de 3 dormitorios moveranse entre os 86 e os 93 metros cadrados e as de 4 dormitorios van de 115 a 118 metros cadrados útiles.

Estas vivendas súmanse as 40 xa construídas e ás 58 cuxo proxecto está en fase de redacción.

Fonte.- Xunta de Galicia