A Xunta licita as obras de 78 novas vivendas públicas en Navia, en Vigo, que suporán un investimento de preto de 16,2M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta licita as obras de 78 novas vivendas públicas en Navia, en Vigo, que suporán un investimento de preto de 16,2M€

A Xunta licita as obras de 78 novas vivendas públicas en Navia, en Vigo, que suporán un investimento de preto de 16,2M€

A Xunta licita as obras de 78 novas vivendas públicas en Navia, en Vigo, que suporán un investimento de preto de 16,2M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, deu conta hoxe desta actuación.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 6 de xullo.

Allegue explicou que xa se dispón do proxecto redactado, polo que unha vez licitadas as obras, se avanzará na tramitación para poder inicialas canto antes.

O Goberno galego construirá 78 vivendas públicas no polígono dous de San Paio de Navia, en Vigo, en parcelas urbanizadas pola propia Xunta. Trátase de dous inmobles, de 22 e 56 vivendas respectivamente, que albergarán un total de 42 vivendas de dous dormitorios, 31 de tres dormitorios e cinco de catro dormitorios.

A conselleira subliñou que estes fogares son “accesibles, con todos os estándares de calidade e eficientes enerxeticamente”.

Fonte.- Xunta de Galicia