A Xunta licita as obras de 92 vivendas de promoción pública no concello de Narón, que supoñen un investimento total de máis de 17 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta licita as obras de 92 vivendas de promoción pública no concello de Narón, que supoñen un investimento total de máis de 17 M€

A Xunta licita as obras de 92 vivendas de promoción pública no concello de Narón, que supoñen un investimento total de máis de 17 M€

A Xunta vén de licitar as obras de 92 novas vivendas de promoción pública no Concello de Narón, que supoñen un investimento total de máis de 17M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, informou desta licitación.

A nova promoción, que se construirá en solo cedido polo Concello, distribuirase en dous bloques e, do total de 92 vivendas, a maioría serán de 2 e 3 dormitorios. Ademais haberá 4 fogares adaptados para persoas con mobilidade reducida. Serán fogares accesibles e eficientes enerxeticamente.

Estes fogares construiranse con técnicas industrializadas, un dos requisitos que establece o prego da licitación da obra. Deste xeito, a estrutura de formigón en planta baixa, os forxados, ou as fachadas serán industrializados. É dicir, estas estruturas realizaranse en taller para a posterior montaxe en obra.

As empresas poderán presentar ofertas para este contrato ata o vindeiro 23 de decembro.

Fonte.- Xunta de Galicia