A Xunta licita por máis de 120.000 euros as obras de illamento solar de vivendas públicas en Allariz | Observatorio de Vivenda

A Xunta licita por máis de 120.000 euros as obras de illamento solar de vivendas públicas en Allariz

A Xunta licita por máis de 120.000 euros as obras de illamento solar de vivendas públicas en Allariz

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022.- A Xunta de Galicia licitou por máis de 120.000 euros as obras de illamento solar dun grupo de 32 vivendas de promoción pública e centro de día en Allariz.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou esta licitación na Plataforma de contratos da Xunta, co fin de dispoñer elementos de protección solar nas carpinterías das vivendas con orientación suroeste e obras de conservación e mantemento neste inmoble.

A fachada da rúa Irmandade, orientación suroeste, vese afectada pola radiación solar, que incide sobre os vidros das carpinterías e penetra ao espazo interior provocando o sobrequecemento do ambiente da vivenda.

O prazo para a presentación de ofertas a este contrato permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de xaneiro.

Fonte | Xunta de Galicia