A Xunta ofrecerá vivendas de reemprazo aos afectados polas expropiacións do PIA de Monte Mero, na Coruña | Observatorio de Vivenda

A Xunta ofrecerá vivendas de reemprazo aos afectados polas expropiacións do PIA de Monte Mero, na Coruña

A Xunta ofrecerá vivendas de reemprazo aos afectados polas expropiacións do PIA de Monte Mero, na Coruña

A Xunta ofrece vivendas de reemprazo aos afectados polas expropiacións do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) de Monte Mero, na Coruña. Este PIA permitirá habilitar solo residencial na cidade no que se poderán construír máis de 4.000 novas vivendas, a maioría protexidas.

O desenvolvemento deste ámbito fai necesario expropiacións e, desde a Xunta, vaise ter en conta cada situación. O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, convocou ás persoas afectadas a unha reunión o vindeiro día 25, na Delegación Territorial da Xunta na Coruña, para ofrecerlles o asesoramento e información.

Desde a Xunta ofrecerase aos afectados con actual vivenda habitual e permanente, unha vivenda de reemprazo, en residencial colectivo ou unifamiliar. Para iso está prevista no ámbito unha zona destinada a darlles esta alternativa habitacional.

Fonte.- Xunta de Galicia