A Xunta presenta varios paquetes de enmendas ao anteproxecto de Lei estatal de vivenda por considerala inconstitucional ao invadir as competencias autonómicas na materia | Observatorio de Vivenda

A Xunta presenta varios paquetes de enmendas ao anteproxecto de Lei estatal de vivenda por considerala inconstitucional ao invadir as competencias autonómicas na materia

A Xunta presenta varios paquetes de enmendas ao anteproxecto de Lei estatal de vivenda por considerala inconstitucional ao invadir as competencias autonómicas na materia

A Xunta de Galicia alega que a Lei estatal de vivenda é inconstitucional por invadir as competencias autonómicas na materia, xa que tanto a Constitución española (artigo 148.1.3) como o Estatuto de autonomía (artigo 27) recoñecen a competencia exclusiva en materia de ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda no caso da Comunidade galega.

Por este motivo,o Goberno galego presentou sete paquetes de enmendas ao anteproxecto de Lei, nas que se sinala que o Goberno central busca asumir competencias das que carece, ao querer regular a vivenda protexida, a xestión do parque público de vivenda de titularidade autonómica e alterar os períodos de protección que afectarán a todo o parque público.

Outra das alegacións fai referencia ao establecemento de zonas tensionadas e a limitación de rendas de alugueiro, xa que o Goberno galego considera que desincentivan a inclusión de vivendas en alugueiro no mercado.

Por último, o Goberno recorda nestas alegacións tamén a necesidade de reformar o Código Penal para disuadir as ocupacións e devolver as vivendas aos propietarios.

Fonte | Xunta de Galicia