A Xunta publica no DOG a aprobación da delimitación do ámbito das Saíñas, en Cangas, para desenvolver solo residencial para construír ao redor de 300 vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta publica no DOG a aprobación da delimitación do ámbito das Saíñas, en Cangas, para desenvolver solo residencial para construír ao redor de 300 vivendas

A Xunta publica no DOG a aprobación da delimitación do ámbito das Saíñas, en Cangas, para desenvolver solo residencial para construír ao redor de 300 vivendas

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da delimitación do ámbito das Saíñas, no concello de Cangas de Morrazo, que será obxecto de transformación urbanística para desenvolver solo residencial no queconstruír ao redor de 300 vivendas, todas protexidas.

Deste xeito, o DOG recolle a aprobación da delimitación do ámbito identificado como SAUR-2 para a tramitación do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) que desenvolverá este solo.

Concretamente, este ámbito de 66.300 metros cadrados atópase delimitado  ao norte polo camiño e rotonda da Rúa; polo sur, por vivendas, terreos e centro de día de Cangas, xunto a estrada autonómica PO-551; polo leste coa estrada autonómica PO-554 e ao oeste, polos barrios do Espírito Santo e do Rapadouro. O ámbito está atravesado de norte a sur polo rego das Saíñas, elemento natural vertebrador dun gran parque fluvial que constituirá o eixo da ordenación.

Este proxecto enmárcanse na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.

Cómpre lembrar que a Xunta ten en tramitación 13 PIA en 12 concellos galegos, dos que sete xa contan con aprobación inicial: Vigo (ámbito do Ofimático), Pontevedra (San Mauro); Ourense (Escorial-Vinteún), Santiago de Compostela (Mallou); A Coruña (Monte Mero); Lugo (Sagrado Corazón) e Arteixo (A Baiuca – Penouqueira).

Ademais destes proxectos, o Goberno galego traballa nos que se desenvolverán en Marín, O Porriño, Vigo (Ramón Nieto), Vilagarcía de Arousa e Ribadeo.

Fonte.- Xunta de Galicia