A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para construír 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para construír 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para construír 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol

A Xunta recibiu 10 ofertas de empresas para construír 59 vivendas públicas no Bertón en Ferrol, licitadas por 10,1M€.

En concreto, esta promoción construirase na parcela 14 do Bertón, conformada por dous bloques continuos diferenciados en altura, un en “U”, que constará de 40 vivendas e outro lineal que disporá de 18.

Estes fogares serán de 1, 2 e 3 dormitorios, todos con garaxes e rochos. Haberá dúas vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxeticamente.

A Xunta ten na actualidade en marcha 353 vivendas públicas no barrio ferrolán do Bertón, en diversas fases de execución.

Delas, tamén están en licitación por preto de 10,3M€ as obras doutras 58 vivendas na parcela 15, para as que as empresas poden presentar ofertas ata o 22 de setembro.

Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e disporán de garaxes e rochos. Na planta baixa haberá 4 locais comerciais.

Fonte.- Xunta de Galicia