A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, vén de recibir un total de 10 ofertas de empresas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas na parcela P-15  no Bertón, en Ferrol, licitadas por un investimento autonómico de preto de 10,3M€.

A parcela onde se situarán as vivendas de promoción pública (VPP) ten unha superficie de 1.882 metros cadrados.

O edificio, que se construirá segundo o proxecto redactado por UTE Monteoliva-Fraga y Mantiñan Bertón 2, licitado por 452.957,74 euros.

A edificación proxectada ten unha superficie construída total de 8.698,04 m2. E serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente

O novo inmoble constará dunha planta de soto destinada a garaxes, rochos e locais de instalacións, que ocupa toda a superficie parcela; planta baixa dedicada a soportais de uso público, 6 portais de acceso e locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, cuartos de limpeza, rochos, cuarto de comunidade e 4 locais comerciais; e plantas altas para uso vivenda.

Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e disporán de garaxes e rochos. Na planta baixa haberá 4 locais comerciais. 

O departamento que dirixe M. Allegue ten en marcha en Ferrol un total de 353 vivendas de promoción pública, todas elas en parcelas urbanizadas pola administración autonómica.

Fonte.- Xunta de Galicia