A Xunta recibe 12 ofertas para a construción de 172 novas vivendas públicas en San Paio de Navia | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 12 ofertas para a construción de 172 novas vivendas públicas en San Paio de Navia

A Xunta recibe 12 ofertas para a construción de 172 novas vivendas públicas en San Paio de Navia

A Xunta recibiu un total de 12 ofertas para a construción de 172 novas vivendas de promoción pública no barrio de San Paio de Navia, en Vigo, que foron licitadas por un orzamento de 37,2M€.

En concreto, os 172 futuros fogares distribuiranse en dous bloques, con prazas de garaxe, rochos e varias vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida. A fachada será construída con técnicas industrializadas.

Hai que lembrar que son un total de 924 os futuros fogares públicos xa en marcha nos Polígonos 1 e 2 de Navia, dos que 309 están xa en obras, do total de 4.000 en Galicia coas que o Goberno galego avanza no compromiso de duplicar o parque público residencial.   

Neste momento, ademais das 172 vivendas por 37,2M€, tamén están en licitación oas obras doutros 123 fogares públicos. Así, licitáronse 50 vivendas por 10,7M€ e as empresas poden presentar ofertas ata o 11 de maio, así como outra promoción de 73 vivendas por 15,7M€, con prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 25 de maio.                 

Ademais, a Xunta está a tramitar o desenvolvemento de solo residencial en Vigo. Está aprobado inicialmente o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para promover a construción de 2.000 fogares protexidos en Lavadores e en tramitación outro PIA para preto de 1.400 vivendas en Ramón Nieto, a maioría protexidas.

Fonte.- Xunta de Galicia