A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras de construción de 49 vivendas de promoción pública no Bertón, en Ferrol, que suporá un investimento de 8,1 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras de construción de 49 vivendas de promoción pública no Bertón, en Ferrol, que suporá un investimento de 8,1 M€

A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras de construción de 49 vivendas de promoción pública no Bertón, en Ferrol, que suporá un investimento de 8,1 M€

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) recibiu un total de 12 ofertas para executar as obras de construción de 49 vivendas de promoción pública na parcela 13 do Bertón, en Ferrol.

Esta intervención, na que  se investirá máis de 8,1M€ é a sétima promoción de vivendas públicas que o Goberno galego pon en marcha na cidade, e estes novos fogares construiranse na parcela 13 do polígono do Bertón, urbanizada pola Xunta.

Seguindo as determinacións do planeamento urbanístico, o edificio de nova planta configurarase en dous bloques continuos diferenciados de altura (de 4 e 5 plantas), ambos con cuberta plana, cumprindo coa continuidade das liñas de cornisa establecida na ordenación do plan parcial.

Así, a altura do edificio é de catro e cinco plantas, cunha planta soto baixo rasante. Os usos previstos se distribúen por plantas, dispoñéndose os garaxes e rochos na planta soto, as vivendas nas plantas superiores, e reservando os espazos de planta baixa para o desenvolvemento dos portais de acceso ás vivendas, rochos e outros usos comercias distintos aos residenciais.

Os tipos de vivenda definidos na proposta corresponden a vivendas de 2 e 3 dormitorios, con superficies diferenciadas segundo a súa localización,  vivendas de 4 dormitorios e vivendas adaptadas de 3 dormitorios.

O Goberno galego segue avanzando na construción de nova vivenda pública en Ferrol, tendo en marca a Xunta sete promocións con un total de 353 novas vivendas na cidade.

Fonte.- Xunta de Galicia