A Xunta recibe 13 ofertas para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, en Pontevedra, licitadas por 9,5 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 13 ofertas para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, en Pontevedra, licitadas por 9,5 M€

A Xunta recibe 13 ofertas para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, en Pontevedra, licitadas por 9,5 M€

A Xunta vén de recibir 13 ofertas para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, en Pontevedra, licitadas por 9,5M€. A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) construirá estas vivendas na parcela P-17 do polígono B1 do barrio pontevedrés, que conta con 1.147 m2  de superficie.

As 48 vivendas de promoción pública distribuiranse nun edificio que é un bloque lineal de planta baixa, seis plantas e baixo cuberta, con dous núcleos de escaleiras, ademais de garaxes, rochos e locais. As obras terán un prazo de execución de 18 meses.

Na planta baixa situaranse os 5 locais comerciais e portais. No soto, que ocupa toda a parcela, sitúanse o garaxe e os cuartos de instalacións. Os rochos localízanse no baixo cuberta. Nas plantas intermedias están as 48 vivendas, 6 de 2 dormitorios das cales 2 son adaptadas, 36 de 3 dormitorios e 6 de 4 dormitorios.

En Pontevedra a Xunta ten na actualidade 300 vivendas en marcha, das que 235 se sitúan no barrio de Valdecorvos. Neste barrio, 74 vivendas están xa  na recta final das obras e adxudicadas definitvamente. Ademais, o Goberno galego acaba de aprobar inicialmente o PIA para desenvolver o ámbito de San Mauro, onde se prevén 2.010 vivendas, o 80% protexidas.

Fonte.- Xunta de Galicia