A Xunta recibe 14 ofertas para a redacción do proxecto para construír 78 vivendas de promoción pública en Agriños, no Concello de Ames | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 14 ofertas para a redacción do proxecto para construír 78 vivendas de promoción pública en Agriños, no Concello de Ames

A Xunta recibe 14 ofertas para a redacción do proxecto para construír 78 vivendas de promoción pública en Agriños, no Concello de Ames

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da  Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), recibiu un total de 14 ofertas para levar a cabo a redacción do proxectos básico e de execución e dirección de obra para a construción de 78 vivendas de promoción pública en solo cedido polo Concello de Ames, na zona de Agriños

Das 14 ofertas presentadas a este contrato, licitado por un importe de 662.274 euros, 5 delas están conformadas por UTE, sumando un total de 19 empresas.

Trátase de construír 78 vivendas protexidas, garaxes e rochos na parcela 1(S-15) da Rúa Agriños, que ten unha superficie de 1.725 metros cadrados, e foi cedida gratuitamente polo administración local.

O investimento estimado na execución das obras superará os 14,8 M€

O obxectivo do departamento que dirixe María M. Allegue é sumar 218 novas vivendas de promoción pública neste municipio coruñés, estas 78 na rúa de Agriños, e outras 140 vivendas protexidas en Galdrachán, tamén en solo cedido polo Concello. 

En conxunto, Galicia ten en marcha máis de 2.800 vivendas públicas en diferentes fases de execución. O obxectivo marcado polo Goberno galego nesta lexislatura é pasar das 4.000 ás 8.000 vivendas de promoción pública.

Fonte.- Xunta de Galicia