A Xunta recibe 18 ofertas para a redacción do proxecto de 36 vivendas públicas en Volta do Castro, en Santiago, que suporán un investimento total de 7 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 18 ofertas para a redacción do proxecto de 36 vivendas públicas en Volta do Castro, en Santiago, que suporán un investimento total de 7 M€

A Xunta recibe 18 ofertas para a redacción do proxecto de 36 vivendas públicas en Volta do Castro, en Santiago, que suporán un investimento total de 7 M€

A Xunta recibiu un total de 18 ofertas para a redacción do proxecto e a dirección de obra para construír 36 vivendas públicas en Volta do Castro, en Santiago. Estes traballos foron licitados por 297.013€, e estímase que a futura construción dos fogares suporán un investimento total de 7M€.

Esta intervención impúlsase ao abeiro da modificación normativa que está en vigor desde o 1 de xaneiro e permite a construción de vivenda protexida en solos dotacionais, como este de Volta do Castro, que é de titularidade autonómica.

Estas vivendas en Volta do Castro súmanse ás que a Xunta xa en marcha na cidade de Santiago, como os 60 fogares públicos que se constrúen en Lamas de Abade e O Castiñeriño, que serán entregados este ano.

Tamén está en redacción o proxecto para os aloxamentos compartidos para a mocidade na zona de Xoán XXIII, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. E está licitada a redacción do proxecto para 244 vivendas de promoción pública e unha residencia universitaria de 150 prazas en Salgueiriños.

Por outra banda, a Xunta traballa no desenvolvemento de solo residencial para habilitar máis parcelas onde poder construír en Mallou 3.400 novas vivendas, coa colaboración de promotores e cooperativistas.

Fonte.- Xunta de Galicia