A Xunta recibe 29 ofertas para a redacción dos proxectos de construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 29 ofertas para a redacción dos proxectos de construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

A Xunta recibe 29 ofertas para a redacción dos proxectos de construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

A Xunta vén de recibir un total de 29 ofertas para a redacción dos proxectos e dirección de obras da construción de 116 vivendas de promoción pública nas parcelas 14 e 15 do polígono do Bertón, en Ferrol, ás que se destina un investimento de 913.575 €.

Trátase dos proxectos de dous bloques de 58 vivendas cada un, cun total de 116 vivendas, nestas parcelas urbanizadas pola Xunta. Para un dos bloques recibíronse 15 ofertas e para o outro, un total de 14.

Un dos edificios de 58 vivendas de promoción pública situarase na parcela 14, de 1.935 m2, e a licitación saíu a concurso por 460.617 euros, mentres que o segundo estará situado na parcela 15, de 1.882 m2, e o prezo de licitación é de 452.957 euros.

A Xunta xa ten licitada a redacción dos proxectos doutras 253 vivendas de promoción pública que se construirán no Bertón.

Dese total, no pasado mes de agosto adxudicouse a redacción dos proxectos de 54 vivendas, que se construirán en dúas parcelas de 27 cada unha.

Fonte.- Xunta de Galicia