A Xunta recibe 3 ofertas para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 3 ofertas para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa

A Xunta recibe 3 ofertas para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa

A Xunta recibiu 3 ofertas de empresas para as obras de construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa, licitadas por preto de 2M€ (1,9M€).

Estes novos fogares construiranse nun solo cedido polo Concello e destinaranse á venda, cunha reserva do 25% para menores de 36 anos e do 30% para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos.

O edificio, situado nunha zona próxima á estación ferroviaria e á zona comercial de Vilagarcía, terá baixo e dúas alturas e, das 10 vivendas, 8 serán de 2 dormitorios e as outras 2 de tres dormitorios. Ademais, unha das vivendas será adaptada para persoas con mobilidade reducida. Todas contarán con praza de garaxe e rocho.

No exterior, resérvanse espazos comúns para o esparexemento veciñal, incluíndo unha área de horto urbano na parte traseira.

Unha vez adxudicadas, o prazo de execución das obras será de 18 meses.

Fonte.- Xunta de Galicia