A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

A Xunta recibiu 5 ofertas para a redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) co que se desenvolverá solo en Marín para 400 vivendas, licitado por 244.012€.

Concretamente, desenvolverase o ámbito de actuación identificado no planeamento xeral como solo urbanizable delimitado R-2 Raposeiras, cunha superficie de 70.284 metros cadrados. Das 400 vivendas que se poderán construír, un 80% serán protexidas.

Este proxecto enmárcase na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.

Cómpre lembrar que están aprobados inicialmente os Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver tres ámbitos en Lugo, Vigo (Lavadores) e Arteixo, e en tramitación, ademais do de Marín, outros ámbitos en Pontevedra, Vigo, Ourense, A Coruña, O Porriño, Santiago de Compostela, Vilagarcía, e Ribadeo.

Ademais, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa avanzando no obxectivo marcado polo Goberno galego nesta lexislatura, de pasar das 4.000 ás 8.000 vivendas de promoción pública, tendo xa en marcha, en distintas fases de desenvolvemento,  preto de 3.000 vivendas públicas.

Fonte.- Xunta de Galicia