A Xunta recibe 6 ofertas para construír 28 vivendas públicas na Estrada, cun investimento de 4,8 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 6 ofertas para construír 28 vivendas públicas na Estrada, cun investimento de 4,8 M€

A Xunta recibe 6 ofertas para construír 28 vivendas públicas na Estrada, cun investimento de 4,8 M€

A Xunta recibe 6 ofertas de empresas para a construción de 28 vivendas públicas na Estrada, que suporán un investimento de 4,8M€, financiado integramente con fondos autonómicos.

Trátase dun edificio que se construirá nunha parcela situada na Avenida de Vigo, un solar cedido de balde polo Concello da Estrada.

Este inmoble en forma de L contará con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios; uns fogares accesibles, cunha construción de calidade e  eficientes enerxeticamente.

Estes fogares, que serán de promoción pública e terán cualificación permanente, destinaranse aos inscritos no Rexistro de Demandantes no Concello da Estrada.

Cómpre lembrar que o Concello da Estrada é un dos 16 municipios que están a ceder parcelas á Xunta para construír vivenda pública.

O Goberno galego xa ten en marcha máis de 4.000 vivendas públicas, avanzando así no compromiso de duplicar o parque público residencial en Galicia.

Fonte.- Xunta de Galicia