A Xunta recibe 6 ofertas para o proxecto e construción de 36 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas no concello do Porriño | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 6 ofertas para o proxecto e construción de 36 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas no concello do Porriño

A Xunta recibe 6 ofertas para o proxecto e construción de 36 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas no concello do Porriño

A Xunta recibiu 6 ofertas de empresas para o contrato de redacción do proxecto, a dirección de obra e a execución das obras para construír 36 vivendas de promoción pública no Porriño, cun investimento total de 8,1M€. Estes novos fogares construiranse nunha parcela cedida polo Concello á Administración autonómica.

Unha das condicións significativas deste contrato é o establecemento nas bases do uso obrigatorio de técnicas industrializadas na construción, fórmula que permite, entre outras vantaxes, acurtar tempos. Así, o emprego destas técnicas suporá o 25% da puntuación na adxudicación. A maiores, valorarase cun 5% adicional o emprego de madeira galega.

O Porriño é un dos 16 concellos galegos que xa cederon solo á Xunta para a construción de nova vivenda de promoción pública. Ademais, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, a Xunta tramita un Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver solo no que se poderán construír arredor de 300 vivendas no Porriño.

Fonte.- Xunta de Galicia