A Xunta recibe 6 ofertas para as obras de urbanización da rúa Serra de Meira, en Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 6 ofertas para as obras de urbanización da rúa Serra de Meira, en Lugo

A Xunta recibe 6 ofertas para as obras de urbanización da rúa Serra de Meira, en Lugo

A Xunta recibiu 6 ofertas de empresas para executar as obras de urbanización da rúa Serra de Meira, en Lugo, que contan cun investimento de 1,1 M€.

Esta actuación busca mellorar e ampliar este viario, no tramo comprendido entre as glorietas de Serra de Meira e da avenida Adolfo Suárez. Deste xeito, contempla unha intervención integral orientada a converter esta contorna nun espazo máis seguro, accesible, ordenado e amable para a cidadanía.

As obras incluirán a pavimentación da calzada, a construción de novas beirarrúas, a mellora da capa de rodaxe das sendas peonís, actuacións de xardinería e a instalación de mobiliario urbano. Ademais, acometerase a modernización dos servizos urbanos de saneamento e abastecemento de auga, a mellora do alumeado público e a sinalización.

Son intervencións para renovar o viario e favorecer unha mobilidade máis cómoda, segura e funcional, tanto para os vehículos como para os peóns. O proxecto contribuirá á humanización da contorna e a unha mellor integración no barrio, especialmente coas zonas verdes e o parque do Sagrado Corazón.

Fonte.- Xunta de Galicia