A Xunta recibe catro ofertas para as obras dos 60 aloxamentos compartidos destinados a menores de 36 anos que construirá en Santiago | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe catro ofertas para as obras dos 60 aloxamentos compartidos destinados a menores de 36 anos que construirá en Santiago

A Xunta recibe catro ofertas para as obras dos 60 aloxamentos compartidos destinados a menores de 36 anos que construirá en Santiago

A Xunta recibiu catro ofertas de empresas para a execución das obras dos 60 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos que construirá en Santiago. A nova promoción situarase na rúa Juan XXIII e as obras foron licitadas por preto de 7,3M€.

Trátase dun proxecto compartido pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, destinado a facilitar a emancipación da mocidade. Son aloxamentos que se ofrecerán en alugueiro temporal para menores de 36 anos que conten cun traballo, estean realizando residencias formativas ou proxectos de investigación.

Neste proxecto, ás 60 vivendas individuais súmanse espazos comúns de uso flexible, como salas de traballo, de servizos (lavandería e tendedeiro comunitarios, aparcadoiro para bicicletas) e tamén para o lecer.

A promoción está formada por 2 bloques de edificios independentes, un de  baixo e 3 alturas e outro de baixo e 5 alturas, unidos por un espazo aberto central, de uso público e compartido polos residentes, que permite a conexión peonil entre os 2 bloques, e cos camiños e rúas da contorna.

Das 60 vivendas, 54 serán de 1 dormitorio e 6 de 2 dormitorios e serán fogares exteriores nas que se prima tamén a eficiencia enerxética.

A xestión dos aloxamentos, unha vez construídos, corresponderá á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Fonte.- Xunta de Galicia