A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€

A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€

A Xunta recibe nos dous primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para actuacións de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3M€.

Este fondo ten como obxectivo financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos.

Con cargo a este financiamento, os municipios poden acometer obras de conservación de inmobles da súa titularidade, adquirir outros novos para recuperalos ou mesmo urbanizar novos viarios previstos no planeamento municipal.

Esta iniciativa permite axudar aos concellos a levar a cabo a mellora de equipamentos municipais, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Cómpre lembrar que a Xunta, ademais deste fondo, tamén convocou por segundo ano o fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, cunha dotación de máis de 8,6M€ para este 2026.

Nesta liña, calquera concello pode acceder a préstamos sen xuros, a devolver tamén no prazo máximo de 8 anos.

Os municipios poderán destinar este financiamento á promoción de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través doutros promotores. Tamén poderán acometer actuacións de urbanización para acadar solo e crear parcelas para a edificación ou adquirir solo para construír inmobles protexidas.

O Goberno galego concedeu o ano pasado un total de 15 préstamos a concellos a través destes fondos por máis de 5M€.

Fonte.- Xunta de Galicia