A Xunta recibe nove ofertas para a construción de 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas, licitadas por 2,4 M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe nove ofertas para a construción de 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas, licitadas por 2,4 M€

A Xunta recibe nove ofertas para a construción de 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas, licitadas por 2,4 M€

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de nove ofertas de empresas para levar a cabo as obras de construción de 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas, que se licitaron cun orzamento de 2,4 M€.

A actuación parte do convenio de cesión gratuíta dos terreos asinado entre a Xunta e o Concello, e se construirán na parcela 14 do Plan Parcial do Sector A2, e ten unha superficie de 470,12 metros cadrados.

Esta obra prevé a construción dun inmoble de tres alturas, con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios.

En detalle, o edificio proxectado consta dunha planta de soto destinada a garaxes e rochos e que ocupa toda a superficie parcela. A planta baixa dedicarase a acceso, locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, cuartos de limpeza, espazo de reserva para centro de transformación e vivenda. As plantas altas serán para uso vivenda en dúas alturas e baixo cuberta.

En relación á  distribución por plantas, no semisoto disporanse os garaxes e rochos; na planta baixa, o portal de acceso, zonas comúns, centro de transformación e dúas vivendas de 2 dormitorios. Nas plantas primeira e segunda, haberá dúas vivendas de 3 dormitorios e días vivendas de 2 dormitorios en cada planta; na planta baixo cuberta, unha vivenda de 2 dormitorios e 1 de 4 dormitorios.

Fonte.- Xunta de Galicia