A Xunta recibe oito ofertas para a construción de 168 vivendas de promoción pública en Garabolos, no concello de Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe oito ofertas para a construción de 168 vivendas de promoción pública en Garabolos, no concello de Lugo

A Xunta recibe oito ofertas para a construción de 168 vivendas de promoción pública en Garabolos, no concello de Lugo

A Xunta recibiu un total de oito ofertas de empresas para a construción de 168 vivendas de promoción pública en Garabolos, no concello de Lugo.

Estas vivendas, cuxa obra foi licitada por preto de 30M€ (29.659.063,25 euros), localizaranse na parcela A de Garaolos, urbanizada pola Xunta, que conta cunha superficie aproximada de 3.336 m2. A edificación proxectada ten unha superficie construída total de 25.443,44 m2.

En concreto, a promoción construirase na parcela situada na avenida Paulo Fabio Máximo, nunha contorna urbanizada e conectada con viarios, cun parque público e zonas verdes próximas. Trátase de construír un inmoble con vivendas de 1, 2, 3 e 4 dormitorios, todas con garaxe e rocho e ademais contarán con terrazas. Dos fogares, 7 serán adaptados para persoas con mobilidade reducida.

As principais estancias das vivendas serán exteriores, favorecendo así a entrada de luz natural e unha axeitada ventilación. Serán vivendas, con todos os estándares de calidade e eficientes enerxeticamente, xa que se prevé aerotermia, paneis fotovoltaicos e puntos de recarga de vehículos eléctricos.

Fonte.- Xunta de Galicia