A Xunta recibe sete ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo para 300 vivendas en Ribadeo | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe sete ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo para 300 vivendas en Ribadeo

A Xunta recibe sete ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo para 300 vivendas en Ribadeo

A Xunta recibiu un total de sete ofertas de empresas para a redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) e redacción do proxecto de expropiación e reparcelación para o desenvolvemento de solo residencial en Ribadeo, destinado á construción de 300 vivendas protexidas.

O importe de licitación rolda os 250.000 euros e unha vez adxudicado este contrato, os adxudicatarios disporán dun prazo de tres meses para a presentación do borrador do PIA e do documento necesario para iniciar a tramitación ambiental estratéxica.

A redacción do PIA é o inicio do procedemento para a urbanización de solo, con destino a vivenda protexida, no denominado SUD-R2, que conta cunha superficie aproximada de 7,6 hectáreas. O ámbito comprende parte da superficie delimitada pola Avenida da Ría de Ribadeo, a N-642 e a Pista Reverte-Vilar, situada ao oeste da vila.

Esta iniciativa insírese na Estratexia de solo residencial que está a executar a Xunta de Galicia co obxectivo de desenvolver solo para 25.000 vivendas, das que 20.000 serán protexidas.

Fonte.- Xunta de Galicia