A Xunta sorteará en decembro as vivendas públicas de dúas das quince promocións que ten en marcha en Navia, en Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta sorteará en decembro as vivendas públicas de dúas das quince promocións que ten en marcha en Navia, en Vigo

A Xunta sorteará en decembro as vivendas públicas de dúas das quince promocións que ten en marcha en Navia, en Vigo

A Xunta sorteará os días 4 e 18 de decembro para alugueiro un total de 56 vivendas de promoción pública que constrúe en San Paio de Navia, en Vigo. A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra aprobou o inicio do procedemento de adxudicación destas vivendas correspondentes a dúas promocións que se constrúen no Polígono 1 de Navia.

Trátase das vivendas das dúas primeiras promocións que se sortean entre as 15 que a Xunta en neste momento en construción en Navia.

O día 4 sortearanse as 38 vivendas que se constrúen na parcela MIVA 10, mentres que o 18 sortearanse outras 18 vivendas que se executan na parcela MIVA 9. Ambos procedementos celebraranse no salón de actos da sede da Delegación Territorial da Xunta en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8) ante notario, entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda para o concello de Vigo como municipio preferente.

No que respecta á promoción de 38 vivendas, serán fogares de 2 e 3 dormitorios e, na de 18, de 2, 3 e 4 estancias. En ambos casos, ao tratarse de vivendas en alugueiro, reservarase o 40% para menores de 36 anos.

Requisitos

Os requisitos para acceder a este sorteo e ser beneficiarios son, entre outros, atoparse inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello de Vigo como municipio preferente; e residir ou traballar neste concello.

Ademais, deben carecer de vivenda en propiedade e acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial de entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces no caso de familias numerosas.

Fonte.- Xunta de Galicia