A Xunta sorteará o 1 de decembro as 64 vivendas de promoción pública que constrúe en Cambedo da Raia, no concello de Ourense | Observatorio de Vivenda

A Xunta sorteará o 1 de decembro as 64 vivendas de promoción pública que constrúe en Cambedo da Raia, no concello de Ourense

A Xunta sorteará o 1 de decembro as 64 vivendas de promoción pública que constrúe en Cambedo da Raia, no concello de Ourense

A Xunta sorteará o día 1 de decembro en réxime de alugueiro as 64 vivendas de promoción pública que constrúe en Cambedo da Raia, en Ourense. A Comisión Provincial de Vivenda de Ourense acordou o inicio do procedemento de adxudicación destas vivendas, cuxo sorteo se celebrará ás 10,00 horas ante notario no Salón de Actos da sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense (avenida da Habana, 79).

O sorteo destas 64 vivendas anunciarase no Diario Oficial de Galicia e realizarase entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda para o concello de Ourense como municipio preferente.

Trátase dos novos fogares que albergarán os 4 edificios en construción na cidade de Ourense, con oito de catro dormitorios, 39 vivendas de tres dormitorios e 17 de dous estancias, tres delas reservadas á persoas con mobilidade reducida.

Ao tratarse de vivendas en alugueiro, reservarase o 40% para menores de 36 anos.

Requisitos

Os requisitos para acceder a este sorteo e ser beneficiarios son, entre outros, atoparse inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello de Ourense como municipio preferente; e residir ou traballar neste concello.

Ademais, deben carecer de vivenda en propiedade e acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial de entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces no caso de familias numerosas.

Fonte.- Xunta de Galicia