A Xunta sorteará o 11 de setembro 48 vivendas públicas no barrio do Bertón en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible | Observatorio de Vivenda

A Xunta sorteará o 11 de setembro 48 vivendas públicas no barrio do Bertón en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible

A Xunta sorteará o 11 de setembro 48 vivendas públicas no barrio do Bertón en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible

A Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), sorteará o vindeiro día 11 de setembro as 48 vivendas de promoción pública que se están a construír no barrio do Bertón, no concello de Ferrol. 

Trátase dos novos fogares que albergarán os 2 edificios en construción, nas parcelas 1 e 2 deste barrio da cidade, con 24 vivendas cada un deles.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as resolucións de inicio deste procedemento e os requisitos para a adxudicación destas vivendas das que 18 (o 40%). estarán destinadas a menores de 36 anos. 

O sorteo realizarase ante notario destas vivendas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda para o concello de Ferrol como municipio preferente.

Entre outros requisitos, deben residir ou traballar neste concello e acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial de entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces no caso de familias numerosas.

Nos seguintes enlaces pódese ampliar a información: enlace 1enlace 2 .

Tras o sorteo, publicarase a lista provisional de adxudicatarios e se abrirá un prazo de 10 días para reclamacións. Posteriormente, publicarase a lista definitiva e darase un prazo de 10 días para a aceptación ou renuncia.

Estas vivendas forman parte da aposta da Xunta pola vivenda neste barrio de Ferrol, onde están en marcha un total de 353 vivendas de promoción pública, todas elas en parcelas urbanizadas pola administración autonómica.

Fonte.- Xunta de Galicia