A Xunta sorteará o 9 de setembro 50 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible | Observatorio de Vivenda

A Xunta sorteará o 9 de setembro 50 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible

A Xunta sorteará o 9 de setembro 50 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible

A Xunta sorteará o vindeiro 9 de setembro 50 vivendas de promoción pública que constrúe na parcela Z-38 no barrio de Xuxán, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio de inicio de procedemento e os requisitos para a adxudicación destas vivendas, das que 19 (o 40%) estarán destinadas a menores de 36 anos.

O sorteo realizarase ante notario destas vivendas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña como municipio preferente.

Entre outros requisitos, deben residir ou traballar neste concello e acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial de entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces no caso de familias numerosas.

Fonte.- Xunta de Galicia