A Xunta suma 286.284 € ás axudas para adquisición de vivenda dirixidas a menores de 36 anos | Observatorio de Vivenda

A Xunta suma 286.284 € ás axudas para adquisición de vivenda dirixidas a menores de 36 anos

A Xunta suma 286.284 € ás axudas para adquisición de vivenda dirixidas a menores de 36 anos

O Diario Oficial de Galicia publica a ampliación de crédito da liña de axudas para adquisición de vivenda dirixida especificamente a persoas menores de 36 anos, en concellos de menos de 10.000 habitantes. A Xunta xa ampliara a dotación inicial de 2M€ con 300.000€ e engade agora outros 286.284€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou en Moraña a unha beneficiaria desta liña de axudas. María M. Allegue mantivo un encontro con Laura, de 22 anos, na súa nova casa, mercada este ano e para á que recibiu unha achega de 15.000 euros.

O incremento orzamentario, asumido con fondos autonómicos, ten como obxecto atender a demanda de solicitudes para estas achegas, que buscan facilitar a emancipación das persoas mozas co acceso a unha vivenda en réxime de propiedade nestes concellos ou tamén a autopromoción. A contía destas axudas pode acadar ata un máximo de 15.000€.

Esta modificación non require a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes. 

Fonte.- Xunta de Galicia