Zona Franca de Vigo licita tres parcelas en Portanet para construír ata 90 vivendas de alugueiro accesible | Observatorio de Vivenda

Zona Franca de Vigo licita tres parcelas en Portanet para construír ata 90 vivendas de alugueiro accesible

Zona Franca de Vigo licita tres parcelas en Portanet para construír ata 90 vivendas de alugueiro accesible

O Consorcio Zona Franca de Vigo iniciou a licitación do dereito de superficie de tres parcelas da avenida de Portanet, cunha superficie conxunta de 3.800 metros cadrados, para impulsar a construción de entre 70 e 90 vivendas destinadas ao alugueiro accesible. A concesión terá unha duración de 75 anos e conta cun orzamento de 4,1 millóns de euros. O proxecto está orientado especialmente a facilitar o acceso á vivenda das persoas que traballan no contorno do parque empresarial de Balaídos, onde se concentran máis de 8.000 empregos.

As rendas terán un límite de renta máximo de 8,36 euros por metro cadrado, o que pode representar ata un 30% menos respecto da media do mercado. Ademais, o alugueiro deberá supoñer entre un 15% e un 30% dos ingresos netos mensuais das unidades de convivencia, co obxectivo de adecuar o acceso ás vivendas á capacidade económica dos fogares. O concurso tamén priorizará a calidade arquitectónica, a accesibilidade e a eficiencia enerxética, outorgando a máxima valoración aos proxectos que acaden a certificación enerxética A en emisións e demanda de calefacción e refrixeración.

Fonte.- Faro de Vigo