Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia. 2024 | Observatorio de Vivenda

Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia. 2024

Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia. 2024

Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) froito da colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), con carácter anual. A información difundida mediante esta estatística procede das fianzas de alugueiro de vivenda depositadas e activas no IGVS ao último día do ano, combinado coa Base de datos Sociodemográfica dispoñible no IGE.

O obxectivo desta actividade é analizar as características socioeconómicas das persoas propietarias e inquilinas que alugan viviendas en Galicia.

Cada unha das fianzas depositadas no IGVS pode ter máis dunha persoa declarada como propietaria, e de distinta tipoloxía, e máis dunha persoa declarada como inquilina.

 

Documento.- Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia. 2024

Extraído de: IGE