Código Técnico da Edificación (CTE)

Código Técnico da Edificación (CTE)

O Código Técnico da Edificación (CTE) é unha normativa estatal de obrigado cumprimento aprobada en 2006 e sobre a que as Comunidades Autónomas poden facer incorporacións e que establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relacións cos requirimentos básicos de seguridade e habilitabilidade establecidos na Ley de Ordenación de la Edificación (LOE).

O Código divídese en dúas partes, ambas de carácter regulamentario. A primeira (Parte I) contén as disposicións e condicións xerais de aplicación do CTE e as esixencias básicas que deben cumprir os edificios. As esixencias básicas son aquelas que deben cumprirse no proxecto, a construción, o mantemento e a conservación dos edificios e as súas instalacións para acadar as prestacións que satisfagan os requirimentos básicos da LOE.

A segunda está formada polos denomiados Documentos Básicos, para o cumprimento das esixencias básicas do STE. Estes Documentos, baseados no coñecemento consolidado das distintas técnicas constructivas, actualizaránse en función dos avances técnicos e as demandas sociais e aprobaránse regulamentariamente.

Máis información: Código Técnico da Edificación (CTE)