As fianzas nas cidades e as súas zonas de influencia. 2025 1T | Observatorio de Vivenda

As fianzas nas cidades e as súas zonas de influencia. 2025 1T

As fianzas nas cidades e as súas zonas de influencia. 2025 1T

O presente informe ofrece unha análise detallada do mercado do alugueiro nas sete principais cidades de Galicia —A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo—, así como nos concellos da súa contorna inmediata, definidos como zonas de influencia.

A información recollida baséase nas fianzas dos contratos de alugueiro depositadas no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), fonte oficial que permite obter unha estimación fiable tanto do número de contratos como do importe mensual medio das rendas. Os datos analizados abranguen os contratos formalizados no ano 2025 e depositados ata o 31 de marzo dese ano.

A través desta información, preséntase unha visión global das dinámicas do alugueiro nas cidades galegas e nos seus arredores, incorporando tamén unha comparativa entre elas e unha análise específica para cada urbe. O informe complétase cun apartado de conclusións e un anexo con detalles individualizados por cidade.

Descarga o documento